Programa de Termalismo Saudable 2014 Imprimir
Mércores, 07 Maio 2014 10:31

Dende a Concellería de Benestar Social, Servizos Sociais Comunitarios, Área do Maior do Concello de Verín, infórmase que está aberto o prazo para o Programa da Deputación Provincial de Ourense de Termalismo Saudable 2014.

Este ano poderá participar calquera persoa con independencia do seu concello de residencia. Se o solicitante está empadroado nalgún concello da provincia de Ourense a contía subvencionada para cada modalidade de programa será maior.

Está composta de tres modalidades de programa:

1. - Programa de estanzas en balnearios (6 días / 5 noites).
2. - Programa de tratamentos termais  (10 días / 20 técnicas de balneario).


Os requisitos para poder participar nestes programas como solicitante son:
- Ter cumpridos, polo menos, 50 anos de idade. Non padecer enfermidades nin alteracións ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos establecementos balnearios.
- Ser persoa válida para as actividades da vida diaria.
Tamén poden ser beneficiarios da subvención, como acompañante, as persoas que, aínda que non reúnan as condicións requiridas para ser solicitante, desexen aloxarse nos balnearios e/ou recibir os tratamentos como acompañante dunha persoa que reúna os requisitos sinalados. Para iso deberá solicitarse dentro dá mesma solicitude.

3. - Programa de Cultura termal. Fins de semana


Os requisitos para poder participar neste programa como solicitante son:
- Ter cumpridos, cando menos, 18 anos de idade.
- Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos establecementos balnearios.
- Ser persoa válida para as actividades da vida diaria.
Tamén poderán ser beneficiarios/as da subvención, como acompañante/s ás persoas que desexen aloxarse nos establecementos balnearios e recibir os tratamentos como acompañante dun solicitante así como os menores de 12 anos, cun máximo de 1 por solicitante, que se aloxen co(s) solicitante/s e ou seu acompañante no mesmo cuarto. Neste caso a súa participación terá que ser pedida de forma conxunta coa da persoa solicitante.

Os balnearios onde se realizarán as estanzas e tratamentos subvencionados son os seguintes:
- Hotel Baño de Molgas.
- Gran Balneario do Carballiño.
- Balneario de Arnoia Caldaria.
- Balneario de Laias Caldaria.
- Balneario de Lobios Caldaria.

Para máis información e presentación de solicitudes deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Área de Maiores), situado na Casa da Xuventude (Avenida de Portugal, 11), no teléfono 988-414776 ou a través da da web da Deputación de Ourense.