Mesa redonda 'Peregrinar cara un reto social' e 'I Andaina polo Alzheimer' en Verín Imprimir
Venres, 20 Setembro 2013 10:54

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá sábado a mesa redonda “Peregrinar cara un reto social”, destinada a informar sobre aspectos da enfermidade do alzheimer dende distintas ópticas profesionais e sensibilizar sobre as pautas de prevención e intervención actuais.

Na mesma, que terá lugar de 11 a 14 horas, os relatores participantes serán: Concepción García Masid, doutora de Atención Primaria do Centro de Saúde de Verín, Ángeles Blanco Ledo, presidenta de AFAOR (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense), Andrea Alvárez Castro, traballadora social de AFAOR, Ana González Prado, traballadora social do centro de día de Oimbra, e Piedad Matas Matas, fisioterapeuta do Hospital de Verín.

E tamén na xornada de mañá, pero a partir das 16.30 horas,  celebrarase a 'I Andaina polo Alzheimer'. O punto de inicio desta andaina será o Pavillón Municipal de Deportes de Verín e o final estará na Fonte do Sapo. Devandita andaina, que contará cun acto conmemorativo a súa finalización, está destinada ao público en xeral e busca promover a actividade física, colaborar en xogos populares, rememorar tempos lúdicos pasados e xerar unha identidade propia.

Esta actividades están enmarcadas dentro da semana cultural e deportiva, organizada pola área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer e visibilizar esta enfermidade.

Devandita semana está conformada por actividades culturais e deportivas destinadas a toda a poboación do municipio -como por exemplo, torneos de cachibol, obradoiro de estimulación cognitiva e autoestima, obradoiro de arteterapia, espazo interxeracional 'Contacontos'-, así como aos/ás familiares e coidadores das persoas afectadas polo alzheimer, unha enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.