Programa de Termalismo Saudable 2013 Imprimir
Luns, 03 Xuño 2013 12:13

Desde o departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, infórmase que ata o 07 de xuño está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Termalismo Saudable 2013, da Deputación de Ourense.

Poderán ser beneficiarios/as deste programa as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ter cumprido cando menos cincuenta anos de idade na data da formulación da solicitude.
- Estar empadroado nalgún municipio da provincia de Ourense.
- Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos balnearios.
- Ser persoa válida para as actividades da vida diaria  (os/as acompañantes poderán ser beneficiarios aínda que non reúnan os requisitos  anteriores).

O programa de Termalismo Saudable 2013 ten dúas modalidades:
- Programa A- Estancia en Balnearios, que inclúe: duración de 6 días con 5 noites de estancias, pensión completa con bebidas incluídas, dez técnicas de balnearios, animación sociocultural e recoñecemento médico voluntario á chegada.
- Programa B- Tratamento Balneario, que inclúe: duración de 5 días de tratamento e 10 técnicas de balnearios.

Para máis información e presentación de solicitudes deben dirixirse ao departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Área de Maiores), situado na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), ou no teléfono 988-414776.