Curso 'Dinamizador/a ambiental' en Verín Imprimir
Luns, 28 Xaneiro 2013 12:26

Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín promóvese a realización do curso 'Dinamizador/a ambiental', que terá lugar do 18 de febreiro ao 6 de marzo.


Esta iniciativa, enmarcada dentro do voluntariado e impartida por Cruz Vermella Monterrei, ten como obxectivo concienciar ás persoas da importancia do ambiente e o respecto e coidado que debemos ter co medio. Os contidos que se desenvolverán son: medioambiente e desenvolvemento sostible, biodiversidade e espazos naturais, enerxía renovable, a auga, o aire e os residuos, así como boas prácticas ambientais. Tamén contará con xornadas prácticas de campo.

O curso terá un total de 40 horas lectivas e un número limitado de prazas (15 en total). O horario do mesmo será de 10 a 13, e para participar nel será necesario inscribirse na oficina de Cruz Vermella de Verín (situada na praza García Barbón). O curso, que é de carácter gratuíto, tamén inclúe material didáctico e un diploma de asistencia. Para máis información contactar con Cruz Vermella Monterrei no 988-410978.