4º EMAX – Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia Imprimir
Venres, 29 Outubro 2010 16:01

O 20 e 21 de novembro, o pavillón municipal da cidade lusa de Chaves acollerá a cuarta edición do EMAX – Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia, destinado a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos/as.

Esta actividade está organizada pola Federação Nacional das Associações Juvenil, conta coa colaboración do Instituto Portugués de Juventude, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Espazo Xuvenil ou a Eurocidade Chaves-Verín, entre outras institucións galegas e portuguesas.

A participación das asociacións xuvenís no EMAX encádrase en dúas modalidades principias: Encontro de Asociacións Xuvenís -momento dado aos dirixentes asociativos para que sexan reflectidos temas de interese común, con foco particular sobre a relación de cooperación transfronteiriza e nas oportunidades que de aí proveñen- e Mostra asociativa Xuvenil - espazo para compartir experiencias asociativas e mostra pública do traballo desenvolvido polas asociacións xuvenís pasando polas máis distintas áreas, desde o Cine, Teatro, Artes, Deporte, Animación, Prensa, Formación, entre outras. Cada asociación poderá amosar, in situ e dunha forma dinámica o seu traballo. Daráselle prioridade  ás propostas de actividades interactivas co fin de involucrar aos visitantes e participantes en tódolos espectáculos-.

Os/as interesados/as en formar parte desta iniciativa luso-española deben inscribirse na páxina web www.fnaj.pt, no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no fax -00-351-222007868.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).