Chaves e Boticas reciben as ‘IV Xornadas Luso-Galaicas de Turismo Cultural e Relixioso’ Imprimir
Martes, 26 Outubro 2010 13:38

A Turel - Turismo Cultural e Relixioso promove, en colaboración cos Concellos de Chaves e Boticas, os próximos días 29 e 30 de Outubro, as IV Xornadas Luso-Galaicas de Turismos Cultural e Relixioso, evento destinado a debater temáticas e perspectivas asociadas ao Turismo Cultural e Relixioso en Portugal e Galicia.


Os obxectivos destas xornadas son: reflexionar sobre a historia, o patrimonio e o turismo, comprender a importancia da Eurocidade Chaves-Verín para a cultura e turismo, debatir a sustentabilidade do patrimonio cultural relixioso en zonas de fronteira, analizar as potencialidades dos camiños de Santiago na raia transmontana, e entender o turismo cultural e relixioso como actividade sustentable en Portugal e na Galicia.

A importancia deste tipo de turismo, aliada ao crecemento económico, non só na súa vertente espiritual, senón tamén nas implicacións culturais (historia, arquitectura, arte, etc.), levou á organización destas xornadas, onde catedráticos, representantes institucionais, profesionais do sector turístico, guías interpretes, estudantes, entre outros, debaten varios aspectos relacionados coa temática do turismo cultural e relixioso.

As Xornadas Luso-Galaicas de Turismo Cultural e Relixioso contaron, desde 2005, con debates dos máis variados temas asociados a este sector, presentados por ilustres personalidades, nacionais e internacionais, do turismo.

A cuarta edición das Xornadas terá inicio o día 29 de outubro, en Chaves, ás 21 horas, no auditorio do Centro Cultural de Chaves. A sesión de apertura contará coas presenzas do alcalde de Chaves, João Batista, alcalde Boticas, Fernando Campos, presidente da Turel, José Paulo Leite de Abreu, Xunta de Galicia, Francisco Singul e o presidente do Turismo do Porto e Norte de Portugal, Melchior Moreira. A conferencia inaugural será a cargo de Álvaro Dâmaso, administrador do Montepio, que abordará o tema “Turismo cultural e relixioso como motor de desenvolvemento económico sustentado”.

O segundo día das xornadas, día 30, inicia ás 09.30 horas, no Centro Cultural de Chaves, coa presentación de dous paneis de comunicacións. No primeiro panel dedicado ao “Desenvolvemento do turismo cultural e relixioso en territorios de fronteira”, o alcalde de Chaves, João Batista e o de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentan unha comunicación sobre "A Eurocidade Chaves-Verín e o termalismo". A segunda comunicación dedicada ao "Patrimonio relixioso na raia", será realizada polo monseñor João Parente, responsable dos bens culturais da Diocese de Vila Real. A terceira comunicación será presentada polo presidente do INATEL, Victor Ramalho que falará sobre "Os guións culturais na fronteira", que o INATEL ten desenvolvido na rexión do Alto Tâmega. Para moderar o debate, deste panel, estará o Américo Nunes Peres, delegado do Reitor da UTAD en Chaves.

O segundo panel ten inicio previsto para as 11.15  horas e abordará o tema “Novos camiños para o desenvolvemento do turismo cultural e relixioso”. O profesor da Universidade Católica, Arlindo Cunha falará sobre "Os camiños de Santiago en Tras-os-Montes". Para pechar o panel teremos a comunicación de Francisco Singul, do Xacobeo, que abordará o tema "Novos desafíos e novos destinos para o turismo cultural e relixioso: o camiño de Santiago". O debate está moderado por Eduardo Gonçalves do ISMAI.

Terminadas as comunicacións no auditorio, os participantes desprazaranse a Boticas, onde se servirá o xantar. Durante a tarde realizarase unha visita ao patrimonio relixioso do concello de Boticas, orientada por Paulo Sá Machado do Concello de Boticas. A clausura das xornadas está prevista para as 17 horas.

A organización asegura o transporte dos participantes para a visita a Boticas, así como o xantar dos participantes.

Para facer a inscrición poderá contactar a Turel, polo teléfono 00-351-253213874, a través do e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou a través do sitio web www.turismoreligioso.org.