VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’ na Eurocidade Chaves - Verín Imprimir
Xoves, 16 Setembro 2010 10:43

O vindeiro 19 de setembro terá lugar a VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’, organizada por o BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Chaves-Verín.

Esta proba, presentada esta mañá en Chaves polo presidente do municipio, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, conforma o evento deportivo con maior participación cidadá no municipio de Chaves. Por este motivo, o BTT Club de Chaves contar coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín e ampliar o percorrido desta iniciativa a territorio español, co fin de incentivar a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre os dous municipios, e observar a fronteira como unha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, na que se incentiven a utilización dos servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre a poboación de ambos territorios. “Esta actividade está destinada a estreitar os lazos de unión entre verinenses e flavienses, incentivar o seu uso dos servizos comúns por parte dos cidadáns de ambos lados da fronteira e sentar as bases para a realización de actividades deportivas que permitan ver a este proxecto como unha realidade tanxible e práctica, que está creada e destinada a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, ben sexa deste ou doutro lado da raia”, indicou o rexedor verinense.

A VI Maratón BTT ‘Rota do Presunto 2010’ conta con tres percorridos e niveis de dificultade distintos: maratón (de 70 quilómetros, 4/5 -físico- e 3,5 -técnico-), media-maratón (de 45 quilómetros, 3/5 -físico- e 3,5 -técnico-) e mini-maratón (de 20 quilómetros, 1/5 -físico- e 1,5 -técnico-). As inscricións para participar nesta proba deportiva deben realizarse na web do club www.bttchaves.net/portal ata o 8 de setembro ou ata concluír as 900 prazas. O abono da mesma inclúe: dorsal, camiseta, avituallamento ao longo do percorrido, seguro de accidentes e xantar de confraternización.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).