2º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves - Verín Imprimir
Martes, 26 Xaneiro 2010 09:41

A Eurocidade Chaves-Verín promove, entre os meses de marzo e xuño, a 2ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade  Chaves-Verín”.

Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos dous , e dinamizar as instalacións deportivas existentes. A actividade está dirixida a todas as parroquias dos municipios de Chaves e Verín, que poderán participar cun único equipo, constituído por individuos de ambos sexos.

Os xogos terán lugar nos polideportivos de ambos concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos serán realizados no Pavillón Municipal de Chaves, coa final marcada para día 20 de xuño de 2010, integrada nas actividades da 7ª Semana do Deporte Flaviense.

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 12 de marzo no Pavillón Municipal de Verín, respectivamente.