O proxecto da Eurocidade suscita interese académico e institucional: estudantes franceses da Universidade de Tours, acompañados por estudantes e profesores da Universidade do Porto, visitan a Eurocidade Chaves–Verín Imprimir
Mércores, 18 Marzo 2009 19:07

Un grupo de 15 alumnos do 5º ano de Planeamento do Territorio e Urbanismo do Instituto Politécnico de Tours (Francia), xunto con outros dous alumnos franceses do doutorado en cooperación transfronteiriza, e cinco estudantes portugueses de Enxeñería Civil da Universidade do Porto, visitaron a Eurocidade Chaves-Verín durante a semana pasada. A visita tivo lugar no ámbito dun traballo sobre cooperación territorial e cooperación transfronteiriza que os estudantes franceses están a desenvolver.


O día 10, asistiron a unha sesión de presentación do borrador do seu traballo de investigación sobre o proxecto,  podendo o Secretariado Técnico da Eurocidade valorar os  resultados obtidos. O día 12, puideron participar no seminario URBACT en Chaves, no cal varios especialistas en gobernanza nas aglomeracións urbanas transfronteirizas compartiron as súas experiencias.


Ademais de recibir información directa sobre os obxectivos de actuación previstos na súa Axenda Estratéxica, os estudantes tiveron a posibilidade de coñecer en detalle o proxecto da Eurocidade, así como o territorio.O Secretariado Técnico felicitou aos estudantes, pois sen coñecer ainda o proxecto in situ, elaboraron un traballo de moito nivel, que agora completarán tras a sua estancia na Eurocidade