O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín recibe un impulso de 1.333.000 euros Imprimir
Venres, 27 Febreiro 2009 11:36
O Comité de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acordou conceder ao proxecto Eurocidade a candidatura presentada no mes de abril, polo que o 75% do valor solicitado será financiado por este fondo.
Este proxecto conta como socios beneficiarios o Concello de Verín e o Municipio de Chaves, e atópase estruturado nos bloques que conforman a Axenda Estratéxica, e que son os seguintes:
 
- Eurocidadanía, no que se tenta promover accións dirixidas ao fomento dun sentimento de pertenza a unha mesma unidade territorial, ademais de potenciar algunhas accións xa existentes -axenda cultural común- e outras novas como a tarxeta do eurocidadán -con beneficios no sector público e privado para os habitantes-,  unha rede de transporte que comunique ambos municipios, así como a posta en funcionamento dunha Oficina Xuvenil e un Local de Ensaios Transfronteirizos -que estarán situados na antiga aduana, en Feces de Abaixo, un edificio do que tamén se cofinancia a súa rehabilitación-.

- Proxectos de dinamización económica, entre eles destacamos Unidade de Desenvolvemento de Produtos Turísticos da Eurocidade, animación dos centros de comercio tradicional e un proxecto de fronteira comercial aberta; así como un sistema de iniciativas empresariais da Eurocidade.

- Territorio Sostible, onde o proxecto fundamental é o traballo para sentar as bases dunha futura ordenación conxunta do territorio.