1º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves – Verín Imprimir
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:18
A 1ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”, que terá lugar entre marzo e xuño de 2009,  pretende ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.
O vindeiro xoves 5 de marzo realizarase, no Auditorio Municipal de Chaves, unha reunión entre a organización e os representantes dos equipos participantes para aprobar as normas regulamentarias da competición, así como para proceder ao sorteo dos partidos a celebrar.  

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 20 de febreiro no Centro Cultural de Chaves e no Pavillón Municipal de Verín, respectivamente.