Concurso para a creación do “CHAVÍN”, a Mascota da Eurocidade Chaves-Verín |
|
Venres, 04 Decembro 2009 13:38 |
Os Concellos de Chaves e Verín organizan un concurso para deseñar a mascota da Eurocidade: ‘Chavín’, que será utilizada en todas as actividades deportivas, educativas e culturais que se realicen nos dous municipios.
As bases para participar no Concurso son as seguintes:
1º.- Destinatarios O Concurso está destinado aos colexios de primaria e secundaria da Eurocidade Chaves-Verín
2º.- Tema O tema do concurso é libre e ten como obxectivo a creación dunha mascota, que representará á Eurocidade Chaves-Verín.
3º.- Tipo de traballos Os traballos deberán ser colectivos e realizados en calquera tipo de material.
4º.- Número e formato dos Traballos Cada escola poderá participar cun traballo. Todos os traballos deberán ter as dimensións máximas de 40x75 cm.
5º.- Ciclos que poderán participar a) Primaria b) ESO/Secundaria
6º.- Identificación dos traballos Os traballos deberán estar debidamente identificados, co nome do colexio, ciclo ao que pertence, teléfono de contacto e persoa responsable.
7º.- Prazo de entrega Os traballos deberán entregarse antes do 26 de marzo de 2010, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade -Concello de Verín (Praza do Concello, 1- Verín) e no Centro de Recursos Educativos de Chaves -Centro Cultural de Chaves-. Cando se faga entrega do traballo, deberá encherse unha ficha de inscrición para achegar co traballo.
8º.- Xurado O xurado será constituído polas seguintes persoas: - Representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín - Representante dos Colexios de Chaves - Representante dos Colexios de Verín - Representante da Cámara de Chaves e Concello de Verín
9º.- Premios O traballo vencedor recibirá un ordenador e o primeiro exemplar da mascota. Todos os participantes recibirán un certificado de participación. A maqueta da mascota vencedora será adaptada a un modelo en 3D, podendo sufrir modificacións finais en canto a cores e material.
10º.- Utilización dos Traballos Logo da avaliación dos traballos e entrega de premios os traballos pasan a ser propiedade da Eurocidade. A Eurocidade poderá expor ditos traballos en Exposicións e Feiras nas que participe, e sempre que o estime oportuno.
11º.- Resultados Os resultados do concurso serán publicados na Axenda cultural da Eurocidade correspondente ao mes de maio de 2010, indicándose igualmente o lugar e data da exposición de todos os traballos que terá lugar nos meses de maio e xuño no Câmara Municipal de Chaves e no Concello de Verín.
12º.- Decisións do Xurado Todas as propostas deberán cumprir o procedemento indicado, en caso contrario serán eliminados do concurso. As decisións do xurado non poderán ser obxecto de recurso. |