‘Un mundo imaxinario’ na Biblioteca Imprimir
Luns, 31 Xaneiro 2011 12:35

O venres 4 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a iniciativa ‘Un mundo imaxinario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades sobre viaxes imaxinarios e mundos fantásticos organizados por nenos/as voluntarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.