O neno verinense Manuel Quintas, terceiro premio no concurso de felicitacións de Nadal de Fernando Alonso Imprimir
Mércores, 24 Novembro 2010 11:48

Manuel Quintas Martínez, un neno verinense de sete anos de idade, obtivo o terceiro premio no VII Concurso de felicitacións de Nadal da web oficial do piloto Fernando Alonso (www.fernandoalonso.com).

Unha actividade na que participaron máis de douscentos nenos/as de diferentes países, entre eles cincuenta do municipio, e que foi impulsada desde a Biblioteca Pública Municipal de Verín, co obxecto de impulsar ás actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación, onde os/as interesados/as entregaron as postais antes do 15 de novembro.