Entrega de diplomas do 1º Curso de Portugués Técnico Imprimir
Mércores, 10 Novembro 2010 10:56

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou os diplomas aos/ás alumnos/as participantes no 1º Curso de Portugués Técnico, organizado desde o ente municipal, e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Devandito curso gratuíto, no que participaron doce alumnos/as, tivo unha duración de 100 horas, e desenvolveuse entre o 18 de xaneiro e o 5 de maio de 2010. O obxectivo principal do mesmo, que xa está na segunda edición, é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa.

Por este motivo, este curso conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega-portuguesa, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.