A Consellería de Traballo e Benestar concede unha nova escola-obradoiro ao Concello de Verín Imprimir
Venres, 29 Outubro 2010 16:03

A Consellería de Traballo e Benestar concedeu, por segundo ano consecutivo, ao Concello de Verín unha escola-obradoiro para a formación de 22 persoas desempregadas do municipio -inscritas na Oficina de Emprego como desempregados-, con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos.

Esta escola-obradoiro ‘San Antón’, dun ano de duración e na que os/as alumnos/as formaranse e adquirirán experiencia nas áreas de carpintería e xardinería, é un centro de traballo e formación na que os participantes reciben formación ocupacional en alternancia coa práctica profesional -traballo en obra real-, co fin de que ao seu término estén capacitados para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa máis fácil o seu acceso ao mundo do traballo (6 meses de formación e outros seis de traballo). Esta actuación tamén permitirá rehabilitar os espazos verdes e naturais das áreas recreativas de Fonte do Sapo, Paseo do Río Támega, A Rasela e Ábedes.

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, agradeceu á Consellería de Traballo e Benestar a concesión deste novo obradoiro por segundo ano consecutivo. “Unha cuestión que non sucedía coa anterior Xunta do bipartito, que inxustamente non nos concedeu nin un só obradoiro formativo para Verín, de todos aos que optamos”.