Limpeza do río Forno en Verín Imprimir
Mércores, 06 Outubro 2010 13:11

Unha vintena de voluntarios/as do proxecto ‘Remóllate polo río’, organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas coa colaboración do Concello de Verín, desprazáronse ata Feces de Cima para limpar a canle do río Forno, que une esta localidade coa de Feces de Abaixo.

Durante a iniciativa, de dúas horas de duración, os/as asistentes e operarios do Concello de Verín recolleron lixo depositado nas marxes deste río, e ao finalizar realizaron un xantar para os/as participantes.

Este proxecto, subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural E Mariño a través da Confederación Hidrográfica do Douro, está destinado a contribuír a promoción do voluntariado na defensa, conservación e mellora dos ecosistemas fluviais da comarca de Verín-Monterrei.