Exposición ‘Cultura Tibetana’ na Casa do Escudo Imprimir
Venres, 01 Outubro 2010 08:17

A Casa do Escudo acollerá, do 2 ao 14 de outubro, unha exposición de traballos do monxe-fotógrafo Martín García Pérez “Thupten Chopel” titulada Cultura tibetana.

Devandita mostra está formada por fotografías tomadas por Martín García na India, en enclaves onde a cultura do Tíbet está perfectamente preservada. Entre os espazos fotografados, encóntrase Val de Spity, unha área xeográfica situada a máis de 4000 m de altitude que pertenceu ó Tíbet. Ese territorio foi anexionada por Inglaterra a India hai máis de 100 años.

Ademais dunha finalidade de divulgación do estado actual da cultura tibetana, a exposición pretende servir como apoio a unha cultura e a unha xentes que atravesan intres extremadamente difíciles, especialmente no territorio tibetano que na actualidade está rexido polo estado chinés.

A exposición fotográfica compleméntase con reproducións de pinturas de Tara Verde e Chenreszig, deidades do panteón budista tibetano, obras de autores tibetanos anónimos enmarcadas a gran formato; e unha foto, tamén a gran formato, da SS o XlV Dalai Lama, Tenzin Gyatso, líder espiritual e civil do Tíbet. A exposición está ambientada con bandeiras de oración tibetanas.

O horario para visitar Cultura Tibetana é de luns a sábado, ambos os dous incluídos, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.