Actos sobre o Tíbet en Verín no ‘Día Internacional da Non Violencia’ Imprimir
Venres, 01 Outubro 2010 08:16

O único monxe budista existente en Galicia, Martín García Pérez “Thupten Chopel”, visitará Verín mañá 2 de outubro, con motivo do ‘Día Internacional da Non Violencia’.  

Ás 19 horas, na Casa da Cultura,  baixo o denominación “Non violencia e cultura tibetana”, participará nun acto que consistirá nunha proxección de fotografías sobre a cultura tibetana, realizadas polo monxe, e un posterior coloquio co público.

Martín García “Thupten Chopel”, como fotógrafo, é autor de máis de 35 exposicións en Galicia. A súa última mostra fotográfica, A cadeliña Nani, de abandonada a adoptada, está aberta ao público desde o mes de setembro no Club Peña Trevinca de Vigo.