Presentación das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín Imprimir
Xoves, 30 Setembro 2010 13:33

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro da área de Mocidade e Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, presentaron na xornada de onte aos/ás 170 alumnos/as integrantes das Escolas Deportivas de Fútbol municipais para a tempada 2010-2011.


Una iniciativa, posta en funcionamento este ano,  que foi creada para impulsar as escolas de fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, tras efectuar un acordo coa entidade Verín Club de Fútbol, nas categorías de: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes -os xuvenís e primeiro equipo quedarían ao cargo da entidade deportiva-. “Esta actuación constitúe unha aposta para fomentar un política municipal promotora da saúde, que impulse a participación comunitaria, promova ambientes onde sexa máis fácil practicar estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte”, indica o rexedor municipal. Ademais engade que “esta  aposta deportiva que se traduce nun gran esforzo desde o Concello de Verín, a pesar da situación de crise económica actual, co obxectivo de crear unhas escolas modélicas onde a práctica deportiva, o respecto por os semellantes e os hábitos saudables sexan os obxectivos principias”.

Con todo, esta iniciativa no sería posible sen a colaboración de empresas do  municipio, que de modo desinteresado axudan na posta en marcha deste proxecto. Por este motivo, nos próximos días repartirase un díptico informativo sobre estas Escolas Deportivas no que se incluirán a todos os patrocinadores das mesmas.

Por outra banda, recordar que os adestramentos e competicións efecturanse no renovado complexo deportivo de A Granxa. Unha instalación situada ao carón de varios centros educativos que superan os 2.500 alumnos e alumnas, e que despois dunha inversión de 1.763.904,29 €, presenta un aspecto totalmente distinto e renovado, conformado polas seguintes instalacións:  campo de fútbol (de 100 x 60 metros, de herba artificial de última xeración), dous campos de fútbol 7 incluídos no anterior, gradas cubertas para 420 espectadores, pavillón polideportivo cuberto con pista de madeira de última xeración, sete vestiarios no interior do pavillón polideportivo, aseos para espectadores no interior do pavillón (dos que antes carecían), dúas novas pistas de pádel de herba artificial e paredes de cristal, dúas pistas de tenis reformadas, pista polideportiva exterior de usos múltiples, valado perimetral e pavimentación dos accesos e espazos libres entre todas as infraestruturas.

“Unhas novas instalacións nas que non só se incentivará a práctica deportiva entre os nenos e nenas das escolas municipais, que son o futuro; senón que tamén permitirá que diferentes asociacións, colectivos deportivos, como os veteranos, e aos nosos veciños e veciñas poidan utilizar un complexo dotado cos mellores equipamentos”, concluiu o alcalde de Verín.