Segunda edición do Banco do Tempo en Verín Imprimir
Mércores, 29 Setembro 2010 12:39

O Concello de Verín programa, coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, a segunda edición do Banco do Tempo en Verín co obxecto de continuar as actuacións que se desenvolveron na anterior edición na que participaron un total de 37 persoas.

Esta iniciativa conforma un sistema de participación social pola cal os/as usuarios/as ofertan e demandan servizos nos que a unidade de intercambio é a hora. Unha persoa deposita unhas horas de tempo ofertando un servizo que desexe dar e, a cambio, pode solicitar tempo doutras persoas para resolver necesidades e actividades da vida diaria. Os servizos que se poden intercambiar son: axuda no fogar, educación, reparación no fogar, artesanía e música, benestar, acompañante, transportes e axuda en desprazamentos, recreación e diversión, actividades na comunidade e servizos de negocios.

Para participar nesta iniciativa, aberta a todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas no concello de Verín e zonas limítrofes, é necesario facerse socio/a. Os/as socios/as recibirán unha lista actualizada con todas as actividades e servizos que ofertan as persoas que forman parte do banco; e a través da mediación da Axente do Tempo, realizaranse os intercambios. Ademais, o Banco do Tempo organizará xuntanzas mensuais, obradoiros, charlas e saídas culturais para que os membros se coñezan e facilitarlles os intercambios.

A inscrición para formar parte deste proxecto, o segundo da provincia tras Ourense, debe realizarse na oficina do Banco do Tempo do Concello de Verín (Tlf. 988-414776, Fax. 988-411900, e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), aportando unha fotografía e un documento válido de identificación (DNI, NIE, Pasaporte o Carné de Conducir).