Partido entre o COB-Aguas de Sousas e C.B. Breogán en Verín Imprimir
Venres, 17 Setembro 2010 13:25

O vindeiro domingo 19 de setembro, a partir das 19.30 horas, o complexo deportivo de A Granxa acollerá o partido amistoso entre o Club Ourense Baloncesto-Aguas de Sousas e o Club Baloncesto Breogán S.A.D.

A entrada é gratuíta. Con todo os asistentes poderán adquirir rifas, polo valor dun euro, para participar no sorteo dunha camiseta de cada un dos equipos, cuxa recadación se destinará ás actuacións sociais promovidas por Cruz Vermella Monterrei.

Co fin de divulgar este partido de baloncesto solidario, os xogadores do COB-Aguas de Sousas Francisco Cárdenas, Antonio Pantín e Moses Ehambe, acompañados polo presidente do equipo, Jorge Vermello, o concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón, e a coordinadora de Cruz Vermella Monterrei, Natalia Álvarez, acudiron a centros educativos para entregar información sobre o mesmo.