2ª Exposición fotográfica ‘Terra + Auga + Aire = Vida’ Imprimir
Martes, 31 Agosto 2010 13:29

Desde o 2 ao 14 de setembro, a Casa do Escudo de Verín acollerá a segunda edición da exposición fotográfica ‘Terra + Auga + Aire = Vida’, organizada por Cruz Vermella Verín co apoio do ente municipal.


Esta mostra, realizada por voluntarios e colaboradores da institución, amosa diferentes entornos naturais da comarca de Monterrei. Todas as imaxes buscan captar a esencia de tres elementos naturais fundamentais como son: terra, agua e aire; así como o resultado da combinación deles: a vida.

A exposición poderase visitar de luns a sábado, das 10 ás 14 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.