Exhibición das Escolas Deportivas de Verín Imprimir
Mércores, 26 Maio 2010 11:52

O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acolle mañá 27 de maio, ás 18 horas, unha exhibición dos/as alumnos/as das distintas disciplinas deportivas das Escolas Municipais: Pequexogos, Psicomotricidade, Xogo-Deporte, Fútbol-Sala, Aerobic, Tenis, Natación, Basket & English, Bailes Latinos e Danza Oriental.

Esta actividade, organizada polo Concello de Verín, está enmarcada nas Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

Durante a exhibición das Escolas Deportivas de Verín, de dúas horas de duración, entregaranse os trofeos da Liga de Tenis e repartiranse agasallos e doces entre os/as participantes.