Curso de galego na Casa da Xuventude de Verín Imprimir
Xoves, 04 Marzo 2010 13:24

O martes día 9 comeza na Casa da Xuventude de Verín un curso  de galego do nivel CELGA 4, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín.

A duración do curso é de 75 horas teórico-prácticas e capacita para se presentar ao exame do CELGA 4. Aos que superen as probas entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que é válido para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo.