SOStendo ‘Obradoiros fronte o Cambio Climático’ Imprimir
Martes, 02 Marzo 2010 08:51

O Centro de Interpretación Museística de Verín presenta, desde o 19 de abril ao 26 de abril, SOStendo, un obradoiro fronte ao cambio climático, organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración co Concello de Verín. 

O obradoiro SOStendo está conformado por unha exposición e o propio obradoiro,

 e os principais obxectivos do mesmos son: favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais; concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución, vivencializar os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidanidadee sensibilizar aos participantes do seu papel no efecto multiplicador da difusión das actitudes no seu entorno máis próximo.


Devandito obradoiro está dirixido a persoas adultas -sendo a súa estrutura e duración a seguinte: avaliación de coñecementos previos (5’), sensibilización (8’), concienciación (15’), tanxibilización (35’) e da reflexión a acción (55 minutos)- e a rapaces e rapazas entre os 4 e 12 anos -deseñado como unha actividade lúdico-formativa a desenvolver simultáneamente ao obradoiro de adultos, que permitirá estudar o tema de cambio climático dun xeito ameno e distendido, e xunto cos traballos dos adultos formará parte dunha mostra que complementará as exposicións que acompañan a estes obradoiros-.

Para participar neste obradoiro, os/as interesados/as deberán apuntarse no Centro de Interpretación Museística de Verín (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11 Bis-) ou no teléfono 988-414776, ata o 31 de marzo.