Adestramento do Club Ourense Baloncesto en Verín Imprimir
Luns, 25 Xaneiro 2010 11:36

Mañá 26 de xaneiro, dende as 11 ás 12.30 horas, o Club Ourense Baloncesto Aguas de Sousas adestrará na pista do Pavillón de Deportes Municipal de Verín.

Esta actividade, organizada desde o Concello de Verín, permitirá achegar aos/ás alumnos/as dos centros educativos do municipio a oportunidade de poder contemplar in situ unha sesión profesional de educación física e achegar o deporte de elite aos/ás cidadáns/as de Verín.  Ademais, os xogadores asinarán autógrafos e a mascota do clube repartirá fotos entre os/as nenos/as asistentes ao adestramento.