Torneo de Natación Imprimir
Luns, 25 Xaneiro 2010 11:35

O Servizo Provincial de Deportes e o Concello de Verín, a través de Xogade (Xogos Galegos Deportivos), organizan un Torneo de Natación nas categorías de benxamín -nados nos anos 2000, 2001 e 2002- e alevín -1998 e 1999-.

Esta convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-; que competirán individualmente, por sexos, nas seguintes probas:  25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

Neste torneo terán lugar as seguintes fases: local -27 de febreiro-, intercomarcal -segunda quincena de marzo, provincial -segunda quincena de abril- e rexional -só na categoría alevín e no mes de maio de 2010-. Cada fase organizarase nunha xornada única, que dará comezo ás 17 ou ás 10.30 horas, segundo se celebre en xornada de tarde ou mañá. E nas mesmas, cada nadador/a poderá nadar dúas probas individuais e unha de relevos.

Na primeira fase, a local, competirán todos/as nadadores/as do mesmo municipio e terá lugar na Piscina Climatizada de Verín o vindeiro 27 de febreiro. E nas fases intercomarcal, provincial e galega, participarán os/as nadadores que conseguirán acceso a esta fase -24 mellores marcas individuais por proba e sexo e as 12 mellores marcas en cada proba de relevos da fase anterior-.

Para participar neste Torneo de Natación, os/as interesados/as deben inscribirse nas instalacións da Piscina Climatizada de Verín antes do 30 de xaneiro -de 7,30 a 12,30 e 16 a 23 horas-.