Educamóbil en Verín Imprimir
Mércores, 20 Xaneiro 2010 11:32

Mañá 21 de xaneiro, entre as 16.30 e as 20 horas, o autobús Educamóbil visitará a localidade de Verín, para ofertar actividades lúdico-educativas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.

O autobús situarase fronte o Pavillón Municipal de Deportes de Verín e no seu interior os/as nenos/as do municipio poderán participar en xogos educativos e informáticos.

Este servizo gratuíto, ofertado pola Fundación Seur e a Deputación Provincial de Ourense, xa percorreu con anterioridade diferentes puntos da provincia para ofrecer alternativas de lecer e formación aos/ás máis pequenos/as do rural ourensán e converterse nunha iniciativa para conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais.