Plan de apoio a colectivos en risco de exclusión para facilitar a súa integración na plataforma TDT Imprimir
Mércores, 20 Xaneiro 2010 11:29

Desde o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda outorgada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio:

- Plan de apoio a colectivos en risco de exclusión, para facilitar a todas estas persoas a súa integración na nova plataforma da Televisión Dixital Terrestre.

Para poder beneficiarse desta axuda, os solicitantes deben pertenecer a un dos colectivos en risco de exclusión (ter un grao de discapacidade agregada do 33% ou máis -constando entre as discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual-, ter 65 anos ou máis e un nivel II ou III de dependencia, e persoas maiores de 80 anos que vivan soas ou en compañía doutra persoa maior de 80 anos), non ser beneficiario de ningún Plan de Apoio e non dispor actualmente de sintonizador TDT no seu domicilio. Os interesados deben achegar a seguinte documentación: formulario de solicitude, DNI do beneficiario, documento no que conste o domicilio do beneficiario, orixinal e copia do documento acreditativo da pertenencia do beneficiario a algún dos colectivo beneficiarios do plan.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Desenvolvemento Local, situada no primeiro piso do Concello de Verín ou no teléfono 988-410000.