Descobre a maxia do Nadal en Verín cunha programación repleta de actividades para toda a familia Imprimir
Mércores, 13 Decembro 2023 18:48

A vila de Verín prepárase para celebrar unhas festividades cheas de maxia, ledicia e entretemento coa súa completa e variada programación de Nadal completa. Desde feiras e obradoiros temáticos ata concertos, pasando por actividades infantís, eventos deportivos, accións de dinamización do comercio local ou teatro. Una vintena de actividades multicartel para todos os gustos e idades.



Desde o Concello convidamos á nosa comunidade a mergullarse na alegría destas festividades e desfrutar xuntos de momentos inesquecíbeis», salientou a Concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira.

Programa completo:

 

Ata o 27 de decembro

CAMPAÑA COMERCIAL “OS 6000 DE VERÍN” DE AEVER

A campaña "Os 6.000 de Verín”, que busca incentivar as compras en Nadal, estará en funcionamento ata o 27 de decembro. O sorteo terá lugar o 28 de decembro. Os clientes deberán cubrir as papeletas polas compras realizadas e introducilas nas caixas de correos dalgún dos 110 locais participantes. Os premiados poderán trocar os cheques por compras ata o día 5 de xaneiro de 2023.

Máis info en: https://ccaverin.com/

Organiza Aever Verín.

Colabora Concello de Verín.

 

Desde 22 decembro ao 5 de xaneiro

LUDONADAL

Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 09,00 horas ata as 14,00 horas, e dende as 16,00 horas ata as 20,00 horas.  Sábados, de 09:00 a 14:00 h.

Servizo municipal de ludoteca dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. O obxecto desta iniciativa e facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Máis información: Oficina Municipal de Información Xuvenil, (Casa da Xuventude), T. 988 414 776.

Organiza: Concello de Verín.

 

Do 8 de decembro ao  6 de xaneiro

BELÉN DA VIRUCA

Salón parroquial da Igrexa Santa María a Maior. De luns a venres polas tardes e fins de semana  en horario de mañá e tarde.

O tradicional Belén da Viruca é un dos máis emblemáticos do sur da provincia de Ourense. Inclúe decenas de figuras artesanais, moitas delas móbiles e unha infinidade de escenas típicas da tradición relixiosa e galega, sen esquecer aspectos de actualidade.

Organiza: Viruca.

Colabora: Uap Verín.

  

16 de decembro | GALA DE XIMNASIA RÍTMICA

Pavillón Municipal de Deportes, 11.00 h.

A Escola de Ximnasia Rítmica dependente da área de Deportes do Concello de Verín, convídanos á exhibición, que con motivo das festas do Nadal realizarán as  alumnas de Ximnasia Rítmica. Un espectáculo que fará que pequenos e  adultos poidan gozar dunha magnifica exhibición deportiva.

Organiza: Concello de Verín.

 

16 de decembro

GALA TODO FITNESS

Auditorio de Verín, 18.00 h.

Gala de Nadal de fin de tempada na que se fará un percorrido polas actividades artísticas e deportivas que levan a cabo durante o ano.

Organiza: Todo Fitness.

Colabora: Concello de Verín.

 

17 de decembro

OBRADOIRO DE CORONAS FLORAIS

Pavillón Municipal de Verín, de 16:00 a 20:00 h.

Obradoiro temático de Nadal organizado en colaboración coas florerías de Verín; realizándose esta primeira edición na floraría Lirios. A iniciativa busca non só celebrar a temporada festiva elaborando os nosos propios adornos, senón tamén dinamizar o comercio local. Inscrición 20 euros, no propio establecemento Lirios.

Organiza: Concello de Verín.

Colaboran: Florerías de Verín.

  

20 de decembro

GALA DA ESCOLA DE TEATRO KOTODAMA

Salón de Actos da Casa da Cultura. 20:00 h.

A escola de teatro Kotodama celebra a súa gala de Nadal presentando actuacións tanto do grupo infantil como do grupo de adultos. Os adultos ofrecerán exercicios de expresión corporal e improvisación, mentres que o grupo infantil representará unha obra que narra a historia dunha familia que intenta preservar a maxia do Nadal para os máis pequenos a pesar das adversidades. Entrada solidaria, a vontade.

Organiza: Teatro Kotodama.

Colabora: Concello de Verín.

 

21 de decembro

CONCERTO CMUS DE NADAL

Auditorio Municipal de Verín, 20:00 h.

Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal. Neste concerto actuará o alumnado de todas as especialidades do conservatorio así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música.

Organiza: CMUS Verín.

 

22 de decembro

ANIMACIÓN MUSICAL A CARGO DA BANDA DO CONSERVATORIO DE VERÍN

Prazas de Verín, 17:00 h.

Organiza: CMUS Concello de Verín.

Colabora: Concello de Verín.

 

22 de decembro

CONCERTO FAMILIAR “UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA”

Auditorio Municipal de Verín, 17:30 h. Entrada de balde.

“Uxía Lambona e a Banda Molona” recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro"; facendo un percorrido  por outros moitos temas tradicionais e algún que outro tema propio, pasando polo ska, o reggae, o klezmer, a cumbia, o tango. Organiza:  Concello de Verín.

 

24 de decembro

PASARRÚAS TEMÁTICOS DE AEVER

Rúas de Verín.

Apertura do comercio local. Pasarrúas coa participación de Papa Noel, música temática e reparto de caramelos. Actividade de Dinamización do Comercio Local.

Organiza: AEVER.

 

27 de decembro

MUSICAL INFANTIL | “LA SIRENITA”

Auditorio Municipal de Verín, 18:00 h. Entrada 15 euros

Emocionante adaptación teatral do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen. A historia desenvólvese nun colorido e máxico mundo submarino onde Ariel, unha xove e curiosa serea, soña con explorar o mundo da superficie e experimentar a vida fóra do océano.

Organiza: MM Producións.

Colabora: Concello de Verín.

 

28 de decembro

CONCERTO INFANTIL “MAGIC SONGS” DA BANDA MÚSICA DO CONSERVATORIO DE VERÍN

Auditorio Municipal de Verín, 19:30 h.

¡Vive un espectáculo escénico musical inesquecible en familia! A  Banda de Música do Conservatorio realizará un emocionante percorrido a través das bandas sonoras máis emblemáticas de Disney e outros recoñecidos temas infantís. O evento estará presentado polo actor Toni Salgado e contará coa visita dalgúns dos máis entrañables personaxes Disney, como Mickey, Minnie, Donald, Pluto ou Goofy; cos que se poderán fotografar os máis pequenos da casa.

Organiza: CMUS Verín

Colabora: Concello de Verín.

 

29 de decembro

TEATRO | “TIZA”, LA CAJA DE PANDORA

Auditorio Municipal de Verín, 19:00 horas. Entrada 5 euros

Un matrimonio feliz elixe colexio para o seu retoño, convencidos de que é un xenio e fará grandes cousas na vida. Tres años de preescolar, seis de primaria pasarán factura .“Tiza”, fala de pais, profes, deberes, extraescolares, horarios, agobios e por riba o neno que non pronuncia o R chámase Roberto Revuelta Romo...

Organiza: La Caja de Pandora.

 

31 de decembro

PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA DE ANCIÁNS - CORAL DE VERÍN

Residencia de anciáns Santa María, 10:00 h.

Organiza: Coral de Verín.

Colabora: Concello de Verín.

3 de xaneiro

GALA DE NADAL DE AEVER

Pavillón dos Deportes, 17:30 h.

Gala familiar de Nadal con humor, maxia e música.

Organiza: AEVER Verín.

Colabora: Concello de Verín.

 

4 de xaneiro

ESPECTÁCULO INFANTIL

Pavillón dos Deportes, 17:30 h.

Organiza: Concello de Verín.

 

4 de xaneiro

VISITA DOS REIS MAGOS A RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARÍA E A O HOSPITAL DE VERÍN

Organiza: Concello de Verín.

  

5 de xaneiro

GRAN CABALGATA DOS REIS MAGOS

A partir das 18:00 h. Saída San Lázaro e chegada a Praza do Concello.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. A ruta finalizará na Praza do Concello.

Organiza: Concello de Verín.