Antonio Piñero, experto en cristianismo primitivo, presenta en Verín a súa obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios” Imprimir
Mércores, 07 Xuño 2023 10:30

Maña xoves 8 de xuño, ás 19:30 horas, o prestixioso catedrático de filoloxía grega e especialista en linguas antigas e literaturas do cristianismo primitivo, Antonio Piñero, presentará no Salón de Actos da Casa da Cultura a súa nova obra "Los libros del Nuevo Testamento: Traducción y comentarios”.


Nesta nova edición, Piñero busca responder a interrogantes que foron formuladas continuamente: ¿Que hai de verdade histórica nos Evanxeos? ¿Que de ficción? ¿Engadiu moito a Igrexa primitiva da súa colleita á tradición sobre Xesús de Nazaret, distorsionando así a súa figura? ¿Que opinan os historiadores e comentaristas das diferentes confesións cristiás sobre este tema tan relevante?

Antonio Piñero, nado en Chipiona (Cádiz) en 1941, é catedrático de Filoloxía Grega da Universidade Complutense de Madrid. Ademais de ser un recoñecido investigador a nivel internacional, tamén é un comunicador excepcional, como o testemuñan millóns de persoas que seguen as súas intervencións en televisión e radio. A súa determinación, dinamismo e paixón transmiten unha mensaxe única, que se reflicte tanto nos seus escritos como nas súas aparicións mediáticas.

Esta presentación é unha oportunidade inigualable para achegarse á verdade histórica dos Evanxeos e entender a influencia da Igrexa primitiva na tradición cristiá. Antonio Piñero, coa súa vasta experiencia e coñecemento, desvelará os segredos e as conclusións que ofrece a súa nova obra.

Para obter máis información sobre Antonio Piñero e a súa traxectoria, pódese visitar a súa páxina web oficial: https://www.antoniopinero.com/curriculum.html