Concello e Coral de Verín renovan o seu convenio de colaboración Imprimir
Xoves, 02 Marzo 2023 12:47

O Concello de Verín e a Asociación Verinesa de Amigos da Música veñen de renovar  convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradicional colectivo musical de Verín.


No acto da firma do convenio, estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a presidenta da Asociación Verinesa de Amigos da Música, María Coroa Meixeira Romasanta.

Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á Asociación Verinesa de Amigos da Música, a cal comprométese a realizar durante o ano 2023 seis actuacións do Coral de Verín. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.