O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2023 Imprimir
Mércores, 08 Febreiro 2023 14:54

Mañá xoves 9 de febreiro, o Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.

Na tenda, que abrirá en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poderán adquirir sudadeiras, camisetas, bolsas, panos, bragas, cuncas, imáns, pins e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2023.

As prezos dos produtos son os seguintes:

  • SUDADEIRAS: 25 €
  • CAMISETAS: 15 €
  • PANOS: 5 €
  • BRAGAS: 6 €
  • BOLSAS: 8 €
  • CUNCAS: 8 €
  • CHAPAS: 2 €
  • IMÁNS: 1 €
  • PINS: 1 €