Máis de 1.600 persoas asistiron ás V Xornadas de Novela Negra organizadas pola Biblioteca de Verín Imprimir
Martes, 31 Xaneiro 2023 13:34

Un total de 1.600 persoas (156 na actividade enfocada aos centros educativos, 680 nas conferencias do venres e 764 nas do sábado) participaron nas actividades programadas na V edición Xornadas de Novela Negra de Verín. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “gran éxito de participación”, ademais de ser  un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega.

Emilia Somoza, desde a área de Cultura, non quixo perder a oportunidade de felicitar aos organizadores por dar continuidade a esta proposta «que xa é un dos eventos máis importantes da completa axenda cultural verinesa» e salientou os «excelentes resultados de asistencia» obtidos en todas e cada unha das actividades programadas non marco destas xornadas.

Pola súa banda, desde a dirección da  Biblioteca Municipal, entidade responsable da organización do evento quixeron «agradecer ao público a súa fidelidade e, como sempre, recoñecer o gran esforzo e apoio mostrado por todos os seus voluntarios, colaboradores e patrocinadores; así como o de todas os autores e expertos que participaron nesta edición das xornadas e tamén, como non, a dilixencia mostrada do propio Concello de Verín á hora de facilitar as xestións necesarias para facer posible este evento».

V Xornadas de Novela Negra

Esta V edición levou por título “Back in Black”, que vén a indicar que, un ano máis,  Verín voltou ao negro pero esta vez cunha vinculación especial ao mundo da música.

Ao igual que nas edicións pasadas as conferencias foron presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización do proxecto, que nesta ocasión correron ao cargo de Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco. Tamén presentaron aos autores e autoras Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García.

Devanditas xornadas  foron coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contaron con profesionais da talla de:

Escritores/as: Sara Vila, autora da premiada obra “Oito días sen Eva Cortes”; Pedro Feijoo, autor entre outras obras “Lume Azul” e os “Fillos do mar”; Mikel Santiago, autor da que está a ser súper ventas (trioloxía Illumbe) “El mentiroso”,En plena noche” e “Entre los muertos”; e por último o escritor de Vilardevós Xoán Tallón autor dos afamados libros “Rewind” e “Obra maestra”.

Relatores/as do mundo profesional: Jose Luis Ferreiro Nóvoa, sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial; Mª Berta Rodríguez Mtnez. Médica Forense – Sub. Dtra. Inst. Médico Legal Galicia; o forense e colaborador habitual da Biblioteca, Fernando Serrulla, o verinés Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Miguel Losada, outro colaborador da Biblioteca que terá a labor de dirixir asa mesas de debate; e por último o coordinador das xornadas o Xuíz Vázquez Taín.

Como broche final de esta festa literaria organizouse un concerto de rock no pub Revólver onde xuntaranse os escritores/músicos Pedro Feijoo e Mikel Santiago, que estiveron acompañados na batería  por Roberto González profesor de música e tamén colaborador da Biblioteca de Verín.

As V Xornadas de Novela Negra estiveron dedicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín finada recentemente.