O Concello de Verín remata as obras de acondicionamento do espazo de lecer de Feces de Abaixo Imprimir
Xoves, 20 Outubro 2022 12:19

 O Concello de Verín vén de rematar as obras de acondicionamento do espazo de lecer de Feces de Abaixo. Cun investimento total de 11.751  euros, este proxecto foi cofinanciado nun 22,50% (1.982,98) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través dos fondos feader, tramitados a través do GDR 9 Monteval, do *programa de desenvolvemento rural de Galicia, dentro do pdr de Galicia 2014-2020,  nun 75%  polo Feader (6.609,94 €) e nun 2,50%  polo MAPA.


Esta axuda  cofinánciase polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco da medida 19 (Leader) do PDF de Galicia 2014-2020. e encádrase na prioridade ou área focal 6B (promover o desenvolvemento local nas zonas rurais).

Devandita actuación  consistiu  nunha actuación ambiental que tivo a finalidade de recuperar paisaxísticamente o espazo de lecer existente na Rúa da Lama S/N de Feces de Abaixo. O obxecto da intervención é mellorar e recuperar, dende o punto de vista ambiental, un espazo e unha paisaxe natural de ocio, esparcemento e lecer, actualmente degradado, que cumpra coas condicións mínimas de salubridade, accesibilidade e ornato paisaxístico acorde co ámbito natural no que se encontra.

«Coa recuperación destes espazos de lecer buscamos mellorar a calidade de vida no rural favorecendo a cohesión social e o encontro da vecindade mediante a utilización e mantemento de espazos libres que tradicionalmente xa foron empregados para tal fin», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

*SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.2 e 19.4  (APOIO PARA A REALIZACIÓN DE OPERACIÓNS CONFORME Á ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL) da MEDIDA LEADER  cofinanciadas nun 75% con fondos FEADER do programa de Desenvolvemento rural de Galicia, dentro do PDR de Galicia 2014-2020.