I Concurso de Fotografía Dixital da Rede de Telecentros ‘Chegou o Outono’ Imprimir
Mércores, 25 Novembro 2009 15:12

Co obxectivo de fomentar a creatividade no ámbito da fotografía, a Rede de Telecentros de Galicia organiza o I Concurso de Fotografía Dixital ‘Chegou o Outono’. O tema deste concurso é o outono, e nel poderán participar todas aquelas instantáneas nas que se reflicta calquera alusión a esta estación do ano. Devanditas fotografías teñen que ser inéditas e obtidas mediante cámara dixital e deben ser do Concello onde se participa, neste caso o de Verín.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías co seu correspondente título, en formato jpg, cun tamaño máximo de 1 mega e unhas dimensións de 800 x 600 píxeles. Ademais, todas elas deben ir acompañadas dos seguintes datos: nome, apelidos, teléfono, poboación, e-mail, título e telecentro máis próximo.

Os traballos poden entregarse, ata o día 4 de decembro, nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Verín ou remitirse por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O/a gañador/a deste concurso recibirá unha cámara de fotos e todas as fotografías participantes poderanse visualizar na plataforma virtual da Rede de Telecentros (http://telecentros.comunicación.xunta.es/), así como nunha mostra que se exporá na Biblioteca de Verín.

Para máis información deben dirixirse á Biblioteca Pública Municipal de Verín ou no teléfono 988-414776.