Seminario ‘¿O empresario nace ou faise?’ Imprimir
Xoves, 19 Novembro 2009 10:17

A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo 24 de novembro, desde as 9 ás 14 horas, o seminario ‘¿O empresario nace ou faise?’, organizado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega-portuguesa, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.

Esta é a segunda actividade que acolle Verín dentro do proxecto Espazo Xuvenil. A primeira delas, a obra teatral ‘O Emprendedor’, tivo lugar o pasado 16 de novembro, e na súa realización colaboraron a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Cámara de Comercio de Ourense, EGAP e o Concello de Verín.

Para participar no seminario ‘¿O empresario nace ou faise?’ é necesario inscribirse no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo