Unha Biblioteca Máxica Imprimir
Mércores, 18 Novembro 2009 10:04

O vindeiro 21 de novembro, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a actividade ‘Unha Biblioteca Máxica’, na que os/as participantes realizarán contacontos, xogos e manualidades.

'Unha Biblioteca Máxica’, enmarcada dentro do programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo, está destinada a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, empadroados/as no Concello de Verín e que na anterior sesión, ‘Contos do Circo’, quedaron inscritos nas prazas de reserva.