Entradas dispoñibles para as IV Xornadas d Novela Negra organizadas pola Biblioteca de Verín Imprimir
Martes, 03 Maio 2022 10:17

 Dende a Biblioteca Municipal do Concello de Verín informan que xa están dispoñibles as entradas para as IV Xornadas de Novela Negra “Personaxes de Novela", que se celebrarán os días 3 e 4 de xuño no Auditorio de Verín.


As entradas diarias teñen un prezo de 2 euros. Este custo simbólico ten un dobre obxectivo: por unha banda, evitar a retirada a entradas sen ter a certeza absoluta de acudir ao evento, que conleve a que xente realmente interesada quedase sen as citadas entradas; e por outra, conseguir unha colaboración simbólica coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín e as súas actividades de fomento á lectura.

As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 3 e 4 de xuño no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o xustificante da transferencia e o nome e apelidos dos asistentes, para que o persoal da biblioteca teñan apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no  auditorio de Verín os días das xornadas de Novela Negra

Toda a información sobre as IV Xornadas de Novela Negra pódese atopar na web creada exprofeso: https://novelanegra.bibliotecadeverin.es/