Contacontos e manualidades, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do Colexio María Inmaculada Imprimir
Martes, 10 Novembro 2009 13:07

Durante os días 11, 13 e 18 de novembro, os/as alumnos/as do Colexio María Inmaculada participarán nunhas xornadas de contacontos e manualidades, organizadas na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Máis de 100 nenos/as asistirán a esta actividade que ten como obxectivo dar a coñecer o servizo bibliotecario e o funcionamento do mesmo, así como fomentar a lectura entre os asistentes.

Esta visita constitúe a segunda destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, que xa recibiu no mes de abril aos/ás alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei.