Pleno ordinario: 15 de decembro de 2021 Imprimir
Mércores, 15 Decembro 2021 14:01

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 11/11/2021.

 

Expediente 3553/2021. Aprobación definitiva expte modificación créditos num.10/2021, expte. Recoñecemento extraxudicial créditos, suplementos crédito o créditos extraordinarios, con cargo a remanente liquido tesoureira, regularizar saldo 413 año 2.020, importe 119.102,01 euros.

 

Expediente 3949/2021. operacións de crédito. adxudicación da operación de crédito a curto prazo 1/2.021, operación de tesoureira, por importe de 2.600.000,00 euros.

 

Expediente 4348/2021. imposición e ordenación de tributos. Aprobación provisional modificación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación servizo público rede xeral municipal de sumidoiros e saneamento, en base á solicitude efectuada pola empresa concesionaria espina y delfín, para actualizar tarifas á suba IPC.

 

Expediente 4340/2021. imposición e ordenación de tributos. Aprobación provisional modificación ordenanza fiscal reguladora taxa polo servizo de abastecemento e distribución domiciliaria de auga potable, en base á solicitude empresa concesionaria espina y delfín, para adecuación prezos á suba ipc..

 

Informacións e outros asuntos da presidencia.

 

Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 06/11/2021 até o 09/12/2021, ambas as dúas datas incluídas

 

 



Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión ordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación o segundo punto quedando tamén ratificado definitivamente -por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular- o recoñecemento  extraxudicial  de créditos núm. 1/2021,  por importe de 119.102,01 euros, das facturas detalladas no mesmo- do ano 2020, así como levantar o reparo de intervención para todas estas facturas.

 

Tamén se aprobou no pleno, por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular, a contratación da Operación de Crédito a Corto Prazo 2/2020 por un valor de 2.600.000 euros, sendo finalmente adxudicada a entidade bancaria CaixaBank.

 

En canto aos puntos 4 e 5 referentes a imposición e ordenación de tributos, goberno municipal e oposición aprobaron provisionalmente por unanimidade a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das seguintes taxas coa finalidade de actualizar devanditas tarifas á suba do IPC:

 

Taxa pola prestación servizo público rede xeral municipal de sumidoiros e saneamento:

 

1.- A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 15,66 euros.

 

2.- A cota tributaria esixirase pola prestación dos servizos da rede de sumidoiros, e a tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas:


VIVIENDA/ESTABLECEMENTO

IMPORTE

Vivendas


3,906315 €

Establecementos de primeira categoría: lavado e engraxe de vehículos, balnearios, discotecas, pubs, clubs nocturnos, fábricas gasosas, hoteis, hostais e similares, colexios, industrias e similares


9,058119 €

Establecementos de segunda categoría: salóns de peiteado, bares, tabernas, bodegóns, tinturarías, clínicas sanitarias e similares



5,978359 €

Restantes establecementos

3,906315 €

CONSUMO MTS3. /TRIMESTRE

IMPORTE

31 60 mts3.

0,215131 € / mt3.

61 90 mts3.

0,317034 € / mt3.

91 150 mts3.

0,656714 € / mt3.

Máis de 150 mts3.

1,064329 € / mt3.


 

 

 

Taxa polo servizo de abastecemento e distribución domiciliaria de auga potable

 

1.- O importe desta taxa, cando se trate de licenza ou autorización de acometida á rede xeral de abastecemento de auga, percibirase por unha soa vez e ascenderá á cantidade fixa de 15,61 euros.

2.- O importe desta taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga a domicilio esixirase de acordo coas seguintes tarifas:

- Mínimo: até 30 metros cúbicos de consumo de auga potable ao trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 5,208417 euros por trimestre.

- Polo consumo de auga potable que exceda do mínimo:

 

 

 

Ademais, na sesión plenaria deuse conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 06/11/2021 até o 09/12/2021.