O 90 por cento dos expositores volverían a participar na Feira de Nadal Imprimir
Venres, 10 Decembro 2021 10:23

 Esta mañá, o concelleiro da área de Transporte, Feiras e Hostalería,  Manuel Lorenzo, e a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, realizaron un balance “positivo” dos resultados da Feira de Nadal de Verín celebrada entre os días 4 e 8 de decembro na Praza García Barbón. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que o 80 por cento dos stands enquisados dan un aprobado ás vendas e o 90 por cento dos mesmos volverían a participar no evento.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas a feira entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 5, sobre os seguintes asuntos (nota media): as instalacións (3,1), as ventas (3,42), os stands (3), a ubicación (4,6), o horario da feira (3,5), a animación musical (3,5), a limpeza (4,1) o horario (3,5) e resto actividades (2,8).

Segundo  salientou Manuel Lourenzo a gran afluencia de público na  Praza García  Barbón durante toda a  feira  xunto a satisfacción dos expositores  amosada  nas  enquisas fan que o balance final  sexa positivo. «Sen dúbida» continuou Lorenzo, «podemos afirmar que, a pesar das inclemencias meteorolóxicas, a feira cumpriu as expectativas tanto na calidade dos produtos ofertados nos stands como nas actividades complementarias programadas».

Pola súa banda, Emilia Somoza quixo destacar a gran acollida que tivo a animación musical e que,  sen  dúbida, resultou ser o complemento ideal para a feira. «Tras o éxito obtido cos concertos, desde a área de Cultura traballaremos para ofrecer á cidadanía unha completa programación musical na seguinte edición, sempre buscando valorizar o talento dos nosos músicos e artistas locais que, como puidemos apreciar, haino e moito».

Sorteo da cesta de produtos premio a mellor stand

Este ano, a persoa premiada no tradicional sorteo celebrado o domingo na carpa de feira cunha cesta de produtos típicos de nadal cedida polos expositores foi María Rúa Opazo, e o premio a mellor stand foi outorgado a Marioli.