O Auditorio de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro Imprimir
Venres, 19 Novembro 2021 09:40

O sábado 27 de  novembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da novela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora  natural de Vigo que falecía en Santiago de Compostela no ano 2014.


Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral de primeiro nivel como: Fina Quella, Sabela Gago, Quico  Cadaval, Elena Seijo, Nate Borrajo, Fernando Dacosta e Laura Míguez.

As entradas xa están dispoñibles en  www.ataquilla.com por 10 euros.

Sinopse

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade.

En  “Morgana en Esmelle”, Begoña Caamaño reflexiona ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Ademais, fala sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos. Unha novela que reescribe o mito cunha mirada contemporánea.