Verín acolle a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mellores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero Imprimir
Mércores, 17 Novembro 2021 11:47

 O vindeiro 25 de Novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mejores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero, autor de preto de vinte libros, a súa última obra é "La verdad prohibida. Cómo los amos del mundo manipulan nuestras mentes para que no descubramos la auténtica realidad" (Ediciones Cydonia), 2021.

Vida despois da morte: as 10 mellores evidencias

Todos formulámonos estas cuestións máis dunha vez: Que pasará comigo cando termine a miña vida? Seguirei existindo de algunha maneira ou todo chegará o seu fin para min? A inmensa maioría encara esta cuestión desde a fe, o escepticismo ou o ateísmo, pero o certo é que podemos facelo desde a razón, porque na actualidade contamos cunha serie de evidencias que apuntan á existencia de vida despois da morte.

Miguel Pedrero (A Coruña 10 de abril de 1976) é un escritor, xornalista e investigador galego, actualmente redactor e coordinador de contidos de revista Año/Cero, ademais de colaborador habitual e reporteiro do programa radiofónico Espacio en Branco en Radio Nacional de España, e tamén na Rosa de los Vientos de Onda Cero.? Os seus artigos foron publicados en nas revistasEnigmas Más Alla de la Ciencia. Anteriormente traballou para diferentes emisoras, como Radio Voz, Radio España ou Radio Galega no seu programa Milenio, ademais de participar na realización de varios documentais televisivos.