Pleno ordinario: 11 de novembro de 2021 Imprimir
Xoves, 11 Novembro 2021 12:33

 O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

1.  APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DE DATA 14/10/2021

2.  Expediente 3949/2021. Operación de Crédito a curto prazo 1/2021

3.  INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

4.  DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 03/09/2021 ATÉ O 05/11/2021, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

5.  ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria, o presidente, Gerardo Seoane, someteu a votación o punto referente a adxudicación da operación de crédito a curto prazo 1/2021 quedando aprobado por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

Logo de ver as ofertas presentadas polas entidades financeiras, así como a acta de valoración e a proposta de adxudicación da mesa de contratación -celebrado o pasado  día 7 de decembro de 2020- para a contratación da Operación de Crédito aCorto Prazo 2/2020 por un valor de 2.611.348,42 euros, a mesma foi adxudicada a entidade bancaria CaixaBank.

Ademais, na sesión plenaria deuse conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 03/09/2021 até o 05/11/2021.