O Concello de Verín remata as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no núcleo rural de Tamaguelos Imprimir
Venres, 02 Xullo 2021 11:19

 O Concello de Verín vén de rematar as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no núcleo rural de Tamaguelos, actuación acometidas grazas ao importe subvencionable previsto no "Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A intervención contou cun orzamento total de 39.000 euros, percibindo o Concello de Verín unha axuda de 24.232,50 euros procedentes do Fondo Europeo Agrícola de  Desenvolvemento Rural ( FEADER), correspondente ao 75 por cento do investimento.

Devandita actuación discorreu sobre a vía existente que se atopaba en rega asfáltica deteriorada, e consistiu nunha serie de accións enfocadas a ampliación, mellora e mantemento do firme existente e das súas marxes.