Verín acollerá o programa online “Reactiva Mulleres Ourense” dirixido a mulleres desempregadas” Imprimir
Martes, 22 Xuño 2021 11:11

Entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, #Verín acollerá o programa “Reactiva Mulleres Ourense” dirixido a mulleres desempregadas” financiado pola Deputación Provincial de Ourense co obxectivo fundamental do programa é apoiar a mulleres desempregadas que necesiten reincorporarse ao mercado laboral ao atoparse nunha situación de vulnerabilidade derivada, fundamentalmente, da perda do seu emprego durante a crise derivada da COVID-19.

Para isto levaranse a cabo unha serie de actividades cuxo obxectivo será dotar ás participantes de habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego e desenvolverse mellor nun posto de traballo nun entorno competitivo.

A formación será 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigoroso orden de inscrición. Para inscribirse pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/woGyJpyr8L1jcrZ38