Avanzan os traballos da comisión de control do proceso selectivo do Concello de Verín Imprimir
Venres, 11 Xuño 2021 14:50

 A Casa do concello de Verín acolleu esta mañá a segunda reunión da comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia.

Na mesma tomouse declaración aos membros do Tribunal cualificador do proceso selectivo, así como a persoa Coordinadora do Servizo de Dependencia municipal, na súa condición de asesor técnico ao Tribunal cualificador. Por outra banda, acordouse por unanimidade a elaboración, por cada parte membro da comisión, de senllas propostas de ditame, que serán avaliadas en conxunto en sesión convocada o vindeiro xoves 17 de xuño ás 13:00 horas.

A concelleira responsable da área Persoal, Réxime Interior e Servizos Xerais, Rosario Rodríguez Delgado, quixo destacar a «neutralidade e transparencia» demostrada durante todo o proceso por parte do órgano competente (Concellería de Persoal), «posibilitando a convocatoria desta a comisión de control e accedido a todas as solicitudes informativas realizadas pola parte sindical».

«Desde un primeiro momento», puntualizou Rodríguez Delgado, «o grupo de goberno mostrou a súa plena vontade de chegar a un ditame que fose ratificado por todos os membros da comisión. Segundo o abacelado hoxe,  Concello e Sindicatos elaboraremos os nosos propios ditames, que serán avaliados en procura de consenso, o vindeiro xoves 17 na próxima sesión de control».