O Concello de Verín decreta tres días de loito oficial polo finamento do exalcalde Santiago Cid Harguindey |
|
Sábado, 05 Xuño 2021 11:35 |
O Concello de Verín, a través dun decreto de Alcaldía, declarará o loito oficial no municipio de Verín polo finamento de D. Santiago Cid Harguindey, alcalde da localidade entre os anos 1983 e 1991.
Considerando a importancia do papel político, social e institucional de Santiago Cid Harguindey, o Concello decreta tres días de loito oficial. Durante este tempo as bandeiras situadas no exterior da casa consistorial ondearán a media asta como sinal de duelo e respecto.
Tamén se gardará un minuto de silencio no próximo pleno celebrado pola Corporación municipal.
O alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, en nome da corporación municipal traslada o seu máis sentido pésame aos seus familiares e amigos polo pasamento de Santiago Cid Harguindey. |